O Centro Cultural José Ángel Valente acolleu onte a entrega do ‘XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades’, que nesta ocasión foi concedido a título póstumo á Marisol Nóvoa Rodríguez, empresaria e avogada do Carballiño. O acto de entrega do premio contou con autoridades locais e autonómicas, o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, e o delegado da Xunta, Manuel Pardo, entre outras, e os familiares de Marisol Nóvoa, ademais de Manuel Dacal, concelleiro de Turismo e Industria do Concello do Carballiño, convidado pola familia da que fora presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO).



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O xurado do Premio acordara o pasado mes de febreiro, por unanimidade, a concesión a Marisol Nóvoa deste galardón a título póstumo, destacando a súa figura como un “exemplo de compromiso, solvencia profesional e vocación de servizo público desde o tecido empresarial”. Na súa acta, o xurado salientou a súa contribución “decisiva á normalización da presenza feminina en órganos de dirección ocupados tradicionalmente por homes”.
Asemade, o xurado lembrou que a avogada carballiñesa foi a primeira muller en presidir a CEO, “cargo que asumiu en 2019 e que marcou un precedente histórico no liderado empresarial provincial”.

















