Os técnicos das Escolas Deportivas ‘Terras de Maside’ participaron esta tarde nun obradoiro centrado na resolución de conflitos, que foi impartido pola psicóloga Tania Rodríguez e que tivo lugar na Casa da Cultura desta localidade
O obxectivo desta xornada formativa é “dar un paso máis cara a profesionalización dos nosos adestradores e delegados”, según apuntou o director das escolas, Juan Romero.
A experta plantexou unha sesión práctica na que os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer diversas pautas de actuación ante situacións conflitivas que poden ter lugar durante a súas labouras de adestramento.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









