1. Mapeo de vivendas no municipio
Durante o mes de abril está a realizarse o mapeo de vivendas no concello de Boborás dentro do proxecto RE-HABITA RURAL LAB.
Persoal técnico pode verse tomando fotografías ou recollendo datos sobre o terreo. Este labor é totalmente normal e non constitúe unha inspección fiscal.
Obxectivos do mapeo:
- Actualizar o rueiro e mellorar a información das vivendas.
- Unificar a numeración das casas (actualmente existen diferenzas entre catastro, padrón, e servizos de luz ou teléfono).
- Lograr que cada vivenda estea ben identificada para evitar confusións cotiás.
2. Asesoramento gratuíto para vivendas baleiras ou reformas
Se tes unha casa baleira ou necesitas facer reformas, o proxecto ofrece asesoramento gratuíto* especializado sobre:
- Subvencións dispoñibles e como solicitalas.
- Trámites necesarios (herdanzas, rexistro, licenzas…).
- Opcións de rehabilitación da vivenda.
Próxima xornada presencial (cita previa obrigatoria):
| Día | Luns 20 de abril |
|---|---|
| Lugar | Casa do Concello de Boborás |
| Horario | De 15.30 a 20.00 h |
| Cita previa | Chamar ao 988 40 20 08* |



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
3. Consultas telemáticas (sen desprazarse)
Alén das sesións presenciais, pódense realizar consultas de forma telemática:
- Correo electrónico: eibisa@eibisa.es
- Teléfono: 981 257 546
- Horario telefónico: de luns a venres de 8.00 a 16.00 h
Desta forma, podes resolver dúbidas ou recibir asesoramento sen necesidade de desprazarche.
4. Próximas xornadas
Iranse anunciando progresivamente novas xornadas de asesoramento presencial.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









