Luis Menor pon en valor a importancia de acoller O Gran Camiño como “o mellor escaparate para amosar ao mundo as potencialidades da nosa provincia”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial, Luis Menor participou hoxe no corte de cinta da saída da etapa raíña deste evento deportivo que levou o pelotón desde Xinzo de Limia ata Xunqueira de Espadanedo, tras 145,7 km nunha esixente etapa que chega tras tres días de ciclismo intenso por Galicia

Xinzo de Limia, 17 de abril de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no corte de cinta da saída da etapa raíña de O Gran Camiño, un evento deportivo que será o “mellor escaparate para amosar ao mundo as potencialidades da nosa provincia”, salientou Menor.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta esixente etapa raína, unha espectacular ruta de montaña, arrancou hoxe desde o Museo do Entroido de Xinzo de Limia e ten a meta no alto de Cabeza de Meda tras 145,7 km de percorrido que terán que percorrer os participantes tras tres días de intenso ciclismo por Galicia.

Menor puxo en valor a resposta do público ourensán que, como en anteriores edicións, demostran “a gran afección que temos na nosa provincia por este deporte e máis concretamente, en Xinzo, onde contamos cun ciclista de referencia como é Carlos Canal”, a quen entregou un recordo antes do inicio da carreira.

O presidente provincial destacou tamén a proxección internacional da proba, retransmitida en máis de 150 países, así como o seu prestixio deportivo, cun palmarés no que figuran nomes como Alejandro Valverde, Jonas Vingegaard ou Derek Gee.Reafirmouse na aposta da institución provincial por eventos que recuperan a esencia da histórica Volta Ciclista a Galicia, transcendendo o ámbito deportivo para promover tamén as posibilidades turísticas do territorio.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------