O Concello do Carballiño aposta pola conciliación familiar nos meses de verán co programa ‘Divertiño’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A área de Educación do Concello do Carballiño convoca un ano máis o programa ‘Divertiño’ de conciliación familiar durante os meses de verán. O goberno local mantén así a súa aposta por mellorar a corresponsabilidade e o equilibrio entre a esfera profesional e persoal das familias. “Este é un servizo fundamental para facer posible a conciliación da nosa veciñanza durante as vacacións estivais”, apunta Lorena Castro, concelleira de Educación.

O Divertiño comezará o día 22 de xuño, despois do remate do curso escolar, e terminará o día anterior ao inicio do curso 2026/2027 (a data aínda está por confirmar, á espera da publicación do calendario escolar oficial da Consellería de Educación da Xunta). O horario, como é habitual, será de 7,30 a 14,00 horas e  incluirá co servizo de almorzo a partir das 8,00 horas. O programa ofrece actividades lúdicas de diversa índole, como xogos, manualidades ou pequenas excursións pola vila. O servizo conta cun total de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos, con prioridade para aqueles escolarizados en centros educativos do concello e empadroados no Carballiño.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe, 4 de maio, ata o día 15, a través da páxina web carballino.gal (no apartado de taboleiro de anuncios) ou nas dependencias de Servizos Sociais, na rúa Faustino Santalices. Para máis información, pódese chamar ao 988 531 076.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------