Publicado no BOP:
CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA: BASES QUE REXERAN A CREACIÓN DUN PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL
DOCENTE E DE APOIO, DO PROXECTO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO DENOMINADO “VÍA DA PRATA V”, PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE SAN CRISTOVO DE CEA, PIÑOR E VILAMARÍN
Por Resolución da Alcaldía do 5 de maio de 2026, aprobáronse as bases que rexeran a creacióndun proceso selectivo para a selección do persoal docente e de apoio, do proxecto Obradoiro Dual de Emprego denominado “Vía da Prata V”, promovido polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.
Clase de persoal: Laboral temporal.
Duración: 9 meses.
Prazas convocadas: Persoal docente e de apoio.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos da publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do Concello de San Cristovo de Cea en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.
Poderán consultar mais información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na paxina web e na sede electrónica dos Concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín. San Cristovo de Cea, 6 de maio de 2026.
O alcalde.
Asdo.: José Luis Valladares Fernández.









