O colexio da Arnoia acolleu a presentación da terceira unidade didáctica do proxecto ‘Artesanía na Escola’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración presentou esta mañá no CEIP San Salvador da Arnoia a terceira unidade didáctica do proxecto Artesanía na Escola, dedicada ás figuras de miga de pan tradicionais de Santo André de Teixido (Cedeira), coñecidas como sanandresiños. No acto participaron o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, e o artesán Jorge Bellón, protagonista de Eu son artesán de figuras de pan, quen realizou unha demostración do seu oficio para o alumnado do centro.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Eu son artesán de figuras de pan céntrase no oficio tradicional de elaboración dos sanandresiños, unhas pezas artesanais moldeadas con fariña e pintadas á man que forman parte da tradición popular galega vinculada a Santo André de Teixido. O artesán Jorge Bellón dedícase á reprodución destes amuletos ancestrais, que se empregaban tradicionalmente para apelar a protección do santo en diferentes aspectos da vida: a flor para o amor, a barca para as viaxes, o santo para a saúde e para a amizade, a sardiña para o alimento, a man para os estudos, a escaleira para o traballo, a coroa para a protección e a pomba para a paz.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A través de ilustracións e dunha linguaxe adaptada para o alumnado de Primaria, explícase o papel que desenvolveron estes amuletos na zona e como é a súa elaboración. Nas fichas –que se entregan só en formato dixital– repásanse diferentes conceptos  explicados no libro. Para complementar este traballo nas aulas, a Fundación Artesanía de Galicia programará demostracións de Jorge Bellón en diferentes centros de ensino que participan no proxecto.

Artesanía na Escola

Artesanía na Escola é un programa de divulgación impulsado pola Xunta dende o ano 2023 dirixido a achegarlle os oficios artesanais e os valores da artesanía aos nenos e nenas de colexios de toda Galicia. Os obxectivos deste programa son divulgar os oficios artesanais que son patrimonio cultural e tamén sector económico; poñer en valor o produto feito á man e do profesional da artesanía como creador e como transmisor de coñecementos; divulgar os vellos saberes e amosar os novos oficios vinculados a unha artesanía máis contemporánea; transmitir os valores da artesanía vinculados a un consumo responsable, á produción local e sustentable e á economía circular; e por último, a longo prazo, atallar o relevo xeracional nos oficios artesanais.

O proxecto Artesanía na Escola comezou con Eu son zoqueira, unha unidade didáctica dedicada ao oficio dos zoqueiros, a través da figura de Elena Ferro, responsable do taller Eferro (Merza, Vila de Cruces), un obradoiro familiar activo dende o ano 1915 e que veu recoñecida a súa traxectoria co Premio Nacional de Artesanía no ano 2019.  Elena Ferro destaca polo seu traballo cun produto característico da tradición rural: os zocos de madeira, que sufriron unha época de crise cando quedou en desuso e só se empregaba para o traxe tradicional. Esta artesá conseguiu un cambio no valor de uso deste calzado de traballo, outórgalle un novo significado a este produto sen arrebatarlle a súa esencia e reinventouno como complemento de moda con constantes innovacións en deseños, materiais e cores.

Pola súa banda, Xosé Manuel Salvado Sanín, do obradoiro Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela) é o protagonista da segunda das unidades didácticas de Artesanía na Escola. Eu son artesán de percusión tradicional está centrada na historia e elaboración dun dos instrumentos máis tradicionais de Galicia, a pandeireta.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------