O couto do río Viñao acollerá o “XXXIV Campionato de Pesca” o vindeiro 31 de maio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O río Viñao acollerá os vindeiros días 31 de maio e 7 de xuño a 34ª edición do “Campionato de Pesca Río Viñao”, organizado pola asociación que xestiona o couto de pesca coa colaboración dos Concellos do Irixo e Boborás. A cita dos participantes como punto de encontro para o inicio da competición terá lugar, ás 8,00 horas, no novo local social da Sociedade de Pesca Río Viñao, sita na antiga escola da Almuzara.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na última xornada, o 7 de xuño, celebrarase un xantar de confraternidade na paraxe natural de San Bertolameu da Freixa, mesmo á beira do Viñao, cun menú integrado por empanada, pulpo á feira, carne richada, postre e bebidas. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o 31 de maio adquirindo os tiquets a un prezo de 32 euros na Casa Sergio, no Irixo, ou no Restaurante O Xardín, no Carballiño, e tamén está habilitado o teléfono 670.394.559 para contactar coa organización.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


No decurso do xantar, procederase á entrega de trofeos e agasallos aos mellores clasificados no campionato.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------