A ‘Andaina e Trail Saudable do Concello de Piñor’ celebrarase o vindeiro domingo 24 de maio e a organización avanza que, nesta xa décima edición, vén cargada de novidades. A primeira, o cambio da data, xa que de celebrarse en outubro pasa a maio, e, ademais, presenta un novo percorrido con novas rutas e paisaxes máis espectaculares por descubrir para todas aquelas persoas que se inscriban.
Así, a inscrición está aberta ata o 22 de maio e pode realizarse a través da APP de Saudeter Live ou na páxina (www.sportmaniacs.com) co epígrafe ‘Andaina e Trail Saudable do Concello de Piñor. Inscripciones e info — Sportmaniacs’, onde tamén están publicadas as bases do evento. O custe da inscrición é de 10 euros para a andaina e de 15 euros para o trail.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A ruta circular consta dun total de 13 km, de dificultade media e con saída e chegada á Praza do Arenteiro. As prazas son limitadas e haberá avituallamento e agasallos especiais pola décima edición para todos os participantes.









