Deputación e entidades do terceiro sector crean unha rede de atención urxente ás persoas migrantes ante a regularización extraordinaria

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un equipo de ata dez técnicos traballarán en horario ampliado polas tardes atendendo exclusivamente a persoas do colectivo migrante para facilitar información, asesoramento, comprobación e dixitalización de todos os documentos necesarios

A posta en marcha desta rede pretende ser unha resposta innovadora, en forma de coordinación público-privada entre administración provincial e o terceiro sector, poñendo ás persoas migrantes no centro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A iniciativa xurdiu a finais do mes pasado tras unha reunión da responsables da área de Benestar da Deputación coas entidades do terceiro sector que operan na provincia

Ourense, 18 de maio de 2026.

A Deputación de Ourense vén de implantar unha estrutura de reforzo e coordinación coas entidades do terceiro sector da provincia para crear unha rede de atención urxente ás persoas migrantes, ante o proceso de regularización extraordinario aberto polo Goberno central.

Un equipo de ata dez técnicos traballarán en horario ampliado polas tardes atendendo exclusivamente a persoas do colectivo migrante. A principal función desta estrutura será facilitar información, asesoramento, comprobación e dixitalización de todos os documentos de cada expediente, de xeito que as persoas migrantes poidan posteriormente acudir ás entidades colaboradoras do RECEX (Rexistro Electrónico de Estranxeiría) con todo o expediente preparado.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A iniciativa xurdiu a finais do mes pasado tras unha reunión da responsables da área de Benestar da Deputación coas entidades do terceiro sector que operan na provincia, cuxos representantes expuxeron as dificultades coas que se estaban atopando para atender as persoas migrantes que demandan axuda e asesoramento, en especial desde o anuncio da apertura do prazo extraordinario de regularización.

No encontro participaron Cáritas, a Fundación Juan Soñador e a Asociación Alma Llanera, alén das dúas únicas ONG da provincia que, á data, estaban rexistradas como entidades colaboradoras acreditadas do Rexistro Electrónico de Estranxeiría: a asociación Xarela e o Centro de Desenvolvemento Rural Ou Viso. Todas as entidades coincidiron na identificación dos principais problemas, melloras e vías para colaborar desde a institución provincial.

Certificado de Vulnerabilidade

As ONG describiron á entidade provincial os problemas diarios que detectan, sendo un dos máis reiterados as complicacións para acceder ao Certificado de Vulnerabilidade.

A solicitude deste certificado está a xerar colapsos nalgúns municipios que mesmo chegan a dar cita para unha data posterior ao peche do prazo de presentación de solicitudes. Outra das circunstancias que saturan ás ONG é a comprobación de toda a documentación necesaria para completar o expediente.

Resposta innovadora

A posta en marcha desta rede pretende ser unha resposta innovadora, en forma de coordinación público-privada entre administración provincial e o terceiro sector, poñendo ás persoas migrantes no centro, de modo que ninguén quede fose por falta de atención das administracións, nin teña dificultades para acceder, antes da finalización do prazo, aos documentos necesarios que poden depender dos servizos sociais das administracións locais.

Con esta rede provincial coordinada desde a área de Benestar, a Deputación de Ourense pretende lograr que desde os puntos RECEX da provincia redúzase a uns 10 minutos o tempo de atención a cada migrante, pode agora mesmo exceder unha hora. Deste xeito que se poderá atender a un número moito maior de migrantes a diario a través da coordinación de todas as entidades integradas nesta iniciativa.–

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------