A Concellería de Servizos Sociais elaborou preto de 150 certificados entre migrantes empadroados no Carballiño para conquerir a súa regularización

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Concellería de Servizos Sociais do Concello do Carballiño realizou xa preto de 150 certificados de vulnerabilidade entre a poboación migrante do municipio. Trátase dun documento necesario para a regularización de persoas estranxeiras, ao abeiro do Real Decreto que entrou en vigor o pasado 16 de abril.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Estamos colaborando co Ministerio para que todas as persoas que queiran traballar o poidan facer”, destaca Silvia Baranda, concelleira de Servizos Sociais, quen recorda as dificultades de regularización antes do Real Decreto. “Moita xente non daba conseguido cita na Subdelegación do Goberno para tramitar os papeis necesarios e non podía traballar aínda que quixese”, lamenta.

Desde o 16 de abril, a área de Servizos Sociais recibe diariamente a numerosas persoas en situación irregular empadroadas no Concello do Carballiño. “Temos un volume de traballo importante, levamos preto de 150 certificados e a previsión é que sigan aumentando nas próximas semanas”, apunta. A concelleira destaca o elevado número de poboación estranxeira no municipio -arredor de 2.000 dos máis de 15.000 empadroados, segundo os datos do censo- e pon en valor os atractivos da vila para recibir nova veciñanza. “Estas cifras dan conta de que no Carballiño recibimos a moita xente, e grazas ao Real Decreto agora todas estas persoas van poder traballar, nun momento no que se precisa man de obra en sectores como a hostalaría ou a atención a maiores”, sinala.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Entre os certificados realizados ata o de agora, destaca a poboación de países sudamericanos como Colombia, Venezuela, Perú ou Nicaragua. “Tamén temos persoas de países africanos como Arxelia”, detalla Patricia Nogueira, traballadora social do Concello.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------