O ‘Depor Campus’ de fútbol promovido por Terras de Maside desenvolverase do 22 ao 26 de xuño nas novas instalacións de Outeiro Grande

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As remodeladas instalacións do campo de Outeiro Grande, en Maside, acollerán do 22 ao 26 de xuño a sétima edición do ‘Depor Campus’ que organizan as Escolas Deportivas Terras de Maside e o Real Club Deportivo da Coruña. Esta actividade deportiva foi presentada esta mañá na Casa do Concello, con presenza do alcalde, José Manuel Iglesias; o director das Escolas, Juan Romero, e o coordinador do campus, Sergio Maurente.

O rexedor de Maside confiou en que as expectativas de matrícula “superen os 50 participantes e batan o récord de 60”, mentres o responsable de Terras de Maside salientou que “o campus de Maside sempre foi o primeiro a nivel de participación a nivel provincial”. Maurente, pola súa banda, avanzou que o alumnado deste campus lucirá un equipamento cun novo deseño. Todos deron os seus parabaéns polo recente ascenso do Real Club Deportivo á categoría da División de Honra.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O prazo de inscrición para todas aquelas familias interesadas rematará o 16 de xuño ás 14,00 horas, e a tarifa xeral é de 145 euros, se ben se reduce a 125 euros para os xogadores das escolas e o alumnado do colexio público de Maside.

Cun horario de 10,00 a 14,00 horas, o campus está aberto á participación de nenas e nenos de 6 a 14 anos de idade cunha serie de obxectivos que a organización tentará conquerir ao remate da actividade. Entre eles, destacan a aprendizaxe e desenvolvemento de da coordinación a través de xogos e as habilidades e conceptos vencellados co corpo e o balón.

Asemade, traballaranse os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica e a competición e desfrute ao través de partidos en diferentes espazos, sempre transmitindo os valores que representa o Real Club Deportivo da Coruña: respeto, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración, esforzo e felicidade.

A estancia no campus inclúe un seguro de accidentes deportivos; unha equipación composta de camiseta, pantalón e medias; un almorzo, a entrega dun diploma e sorteo de agasallos entre os participantes.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------