O plan turístico do Xeodestino destinou ao Carballiño máis de 61.000 euros para a restauración de infraestruturas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño recibiu 61.272,24 euros do máis de medio millón do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Ribeiro-Carballiño, desenvolvido no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU para mellorar a calidade de espazos turísticos, naturais e paisaxísticos.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O orzamento total do Xeodestino repartiuse entre os 24 municipios integrados no PSTD Ribeiro Carballiño, o que permitiu financiar un total de 37 actuacións de recuperación de espazos degradados dos concellos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


En particular, no Carballiño, a restauración e iluminación de dúas marquesiñas no barrio de Catro Camiños e na parroquia de Veiga (incluíndo a retirada de sinais defectuosos) custou 10.629,26 €. Pola súa banda, o investimento no sendeiro da Ruta de Pazos de Arenteiro renteiro ascendeu a 50.642,98 € (IVE incluído) destinado a renovar pasarelas, accesos e sinalización.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------