Accidente de moto na N-541 á altura de Xendive, en Boborás, con dous feridos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un accidente de tráfico rexistrado na estrada N-541, á altura de Xendive, no municipio de Boborás, deixou dúas persoas feridas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segundo se aprecia na imaxe, no sinistro víronse implicados unha motocicleta e un turismo, quedando ambos vehículos na calzada. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencia, entre eles unha ambulancia, para atender ás persoas afectadas.

O accidente provocou retencións e condicionou a circulación na zona mentres se realizaban os labores de asistencia e retirada dos vehículos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------