Extraordinario éxito da estrea da película “Lúas do Setembro” de Carlos Montes sobre a historia do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Auditorio Manuel María da vila do Arenteiro completou na noite de onte o seu aforo na estrea de “Lúas do Setembro”, a primeira película de documentación histórica elaborada con Intelixencia Artificial (IA) na que se recollen episodios relevantes do acontecer do Carballiño e a súa contorna na primeira metade do século XIX.

Así, máis de 400 persoas arrouparon ao seu autor, o historiador carballiñés Carlos Montes, integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que nunha ardua tarefa de moitos meses deseñou o guión, personaxes e incluso adaptou a música desta longametraxe, que, cunha duración de 110 minutos, reflexa acontecementos históricos de gran relevancia a nivel estatal entre 1835 e 1838, nos que se destaca a primeira Guerra Carlista e as batallas de Moldes e San Clodio, con especial protagonismo para Valentín Fernández, líder indiscutible das milicias progresistas e declarado héroe nacional.

Entre o público asistente, o amplo elenco actoral integrado por medio cento de veciñas e veciños do mesmo Carballiño que prestou as súas facianas para modelar en IA os persoeiros desta crónica histórica.

Ao remate da proxección, os asistentes adicaron un cálido e longo aplauso de noraboa e parabéns a artífice desta iniciativa, que contou co apoio da productora Rogescaleira Media e a colaboración do Concello do Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------