A Carreira Popular de Leiro bate récord de participación con 610 inscritos antes do peche das inscricións

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A 42ª Carreira Popular de Leiro, que se celebrará este domingo 6 de xullo, xa supera todas as expectativas. A organización confirma 610 participantes, unha cifra que xa supón un novo récord de participación na historia da proba.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aínda así, as inscricións permanecerán abertas durante todo este mércores e tamén ao longo do xoves, polo que a cifra definitiva podería seguir aumentando antes do peche do prazo.

A carreira, organizada polo Concello de Leiro, consolídase ano tras ano como unha das citas deportivas máis destacadas da comarca, reunindo corredores e corredoras de todas as idades nunha xornada que combina deporte, convivencia e un gran ambiente polas rúas da vila.

Desde a organización amosan a súa satisfacción pola excelente resposta dos participantes e animan ás persoas que aínda non formalizaron a súa inscrición a aproveitar os últimos días para sumarse a unha edición que xa é histórica polo número de inscritos.

Todo apunta a que Leiro volverá vivir este domingo unha auténtica festa do atletismo, cunha participación de récord e un ambiente que converterá a vila, unha vez máis, no epicentro do deporte popular.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------