Convocatoria de bases para concurso de camisetas – Festa do Pulpo 2026.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICADO NO BOP:

Convocatoria de bases para concurso de camisetas – Festa do Pulpo 2026
BDNS (Identif.): 914833
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/914833)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
  1. Obxectivo do concurso
    O presente concurso ten como finalidade seleccionar o deseño dunha camiseta con motivo da Festa do Pulpo 2026 e así seguir incentivando a participación da mocidade na Festa do Pulpo.
    O deseño pode estar creado a base de debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, números ou calquera outro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súa parte dianteira ou traseira ou en ambas.
    O estilo do deseño é libre, pero cunha temática que identifique a dedicación da Festa do Pulpo 2026 (“Lanzarote”).
  2. Beneficiarios
    A participación está aberta a todos os colectivos (asociacións xuvenís, culturais, veciñais, etc.; grupos, cuadrillas, colexios…) que o desexen, sen límite de idade sempre que o responsable da agrupación sexa maior de idade.
    Cada peña so poderá participar cun deseño.
  3. Crédito orzamentario e premios
  • O importe total asignado no orzamento municipal a esta finalidade ascende a 6.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 334.11.480.00 “transferencias correntes” do 2026.
    Establécense os seguintes premios:
    1º premio: 300 €
    2º premio: 200 €
    3º premio: 100 €
    O resto de camisetas que cumpran os requisitos das bases expostas recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha.
    No caso de que se esgote o crédito debido ao número de inscricións, quedarán sen a compensación de 60 euros as que realizaran a súa inscrición máis tarde.
    Calquera dos premios poderase declarar deserto se o xurado o considera oportuno.
    Aos premios aplicaránselles as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


  1. Prazo e presentación de solicitudes e documentación
    As inscricións deberanse recoller no Departamento de Cultura do Concello, e presentarse no Rexistro Municipal dende o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e ata o día 5 de agosto de 2026 en horario de oficina (de 9.00 a 14.00 horas). Para calquera consulta poderán chamar ao teléfono 988 530 007 (extensión 329) ou 662 198 615.
    Xunto coa inscrición deberá presentarse inescusablemente a documentación que figura nas bases.
    O Carballiño, 23 de xuño de 2026. O alcalde en funcións.
    Asdo.: José Rafael Castro-Gil Seijas.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------