● A Fundación Diego González Rivas contará cunha caseta propia durante os tres días de celebración grazas á colaboración do Concello da Arnoia.
A Fundación Diego González Rivas participará na XLVII Festa do Pemento da Arnoia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, cunha caseta propia no recinto da festa, cedido polo Concello da Arnoia durante os tres días de celebración.
Dentro das actividades previstas, o momento central terá lugar o domingo 2 de agosto, cando o cirurxián Diego González Rivas visitará o recinto festivo e, a partir das 20.00 horas, manterá un encontro con veciños e visitantes para asinar exemplares do seu libro na caseta da Fundación.
A presenza do doutor nunha das citas gastronómicas e culturais máis emblemáticas do verán galego permitirá a quen se achegue coñecer de cercado a súa traxectoria profesional e conversar con el nun ambiente próximo, alén de obter un exemplar dedicado da súa obra.
A participación da Fundación na Festa do Pemento responde o seu compromiso de achegar o seu labor á sociedade e apoiar iniciativas que contribúen a dinamizar o territorio e poñer en valor o patrimonio cultural e humano de Galicia.
Como parte da axenda institucional, o luns 3 de agosto, o Concello da Arnoia ofrecerá unha recepción oficial ao doutor Diego González Rivas na Casa do concello, onde recibirá a medalla do Concello e asinará no Libro de Honra do Concello..
Diego González Rivas asinará exemplares do seu libro na Festa do Pemento da Arnoia
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------










