O Tellado acolleu a Feira e a Festa do Cabalo do Irixo, con concursos de trote e andadura e un xantar popular

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un total de 40 xinetes participaron este domingo nunha nova edición da ‘Festa do Cabalo’ e a ‘Feira do Tellado’ na paraxe natural desta localidade da parroquia de San Cosme de Cusanca, no Concello do Irixo. A alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama, agradeceu á organización a súa implicación para a celebración destas actividades.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada comezou pola mañá cunha ruta a cabalo polos montes da contorna, con provisión de avituallamente, e os asistentes, acompañantes e convidados fixeron unha parada ao mediodía para reunirse nun xantar de confraternidade, onde tiveron a oportunidade de degustar empanada, pulpo á feira, carne ao caldeiro, postre, café e bebidas.

Xa mediada a tarde, daban comezo as probas de habilidade, cos concursos de trote, andadura chapeada e andadura serrada, que finalizaron coa cerimonia de entrega de premios aos tres mellores de cada categoría. Na fermosa carballeira do Tellado non faltaron casetas con produtos da zona e animación musical.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------