A Biblioteca Municipal do Carballiño convida ás familias a reflexionar sobre igualdade e violencia de xénero coa actividade “Os contos da leiteira”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Biblioteca Municipal do Carballiño convida ás familias a reflexionar sobre igualdade e violencia de xénero coa actividade “Os contos da leiteira”, enmarcada no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. O contacontos, dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos, levarase a cabo este venres, 4 de setembro, ás 17,30 horas.

O público coñecerá historias de mulleres intrépidas, loitadoras e soñadoras ao mesmo tempo que se achegará á propia condición feminina, representada a través de animais como galiñas, leóns ou galos. O contacontos aborda así a realidade da violencia machista e a importancia de acadar a igualdade de xénero.

A actividade forma parte do programa Ler Conta Moito da Rede galega de bibliotecas, un proxecto que busca achegar a lectura á cidadanía de todas as idades dunha maneira lúdica.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------