Casting público para o novo filme do prestixioso director ourensán Xavier Bermúdez

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 17 de setembro de 2026. A Productora Malapata convoca un casting público para o novo proxecto cinematográfico do prestixioso director ourensán Xavier Bermúdez. A proba terá lugar o vindeiro sábado 19 de setembro de 2026 ás 11:00 horas no Auditorio Municipal do Carballiño.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Perfís buscados

A produtora busca tres personaxes de reparto cos seguintes perfís:

  • Un rapaz de entre 13 e 15 anos
  • Unha muller de entre 20 e 28 anos
  • Unha muller de entre 40 e 50 anos

Como participar

As persoas interesadas que non poidan acudir presencialmente á convocatoria poden enviar as súas solicitudes acompañadas dunha fotografía ao correo electrónico: castingmalapata@gmail.com

Entrevistas

Se os medios de comunicación estivesen interesados en realizar unha entrevista co director ou cos actores principais do filme, poden poñerse en contacto a través dos canais habituais da produtora.

Máis información

Para consultar máis detalles sobre a produtora e os seus proxectos, pódese visitar o seguinte enlace: https://linktr.ee/productoramalapata

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------