A Xunta pon en valor o deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas
- Manuel Pardo reivindicou un deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas; e recalcou que “a discapacidade sexa do tipo que sexa, debe facerse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”
- Begoña Abeijón agradeceu aos participantes e organizadores o esforzo realizado en aras dunha extraordinaria oportunidade para que estes deportistas galegos con discapacidade desenvolvan as súas aptitudes físicas e demostren que son capaces de competir e de ensinarnos
- Os representantes autonómicos lembraron que a Consellería de Política Social e Igualdade colabora estreitamente con esta entidade a través de diferentes convenios de colaboración, así como diferentes achegas para programas con cargo ao 0,7% do IRPF

O delegado da Xunta reivindicou “un deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas. Un deporte que non entenda de xénero, nin de idades, nin de condicións”. Así o subliñou diante dos participantes a quen lles dixo, “sodes a viva representación de todos e cada un dos valores que agocha o deporte: sacrificio, resiliencia, esforzo, traballo, constancia, compañeirismo e sobre todo, inclusión”. Neste senso, recalcou que “a discapacidade sexa do tipo que sexa, debe facerse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”
Tamén destacou o papel que desenvolven as entidades sociais deste ámbito que son as grandes aliadas da Xunta e que co seu traballo e esforzo cada vez é máis fácil chegar a todas as familias que o precisan. Nesta liña, trasladou os parabéns de todo o Goberno galego a Special Olympics polos seus 26 anos de traballo facendo da nosa comunidade un referente do deporte adaptado e construíndo unha comunidade máis inclusiva e comprometida.
Neste marco, Manuel Pardo salientou o traballo permanente da Xunta pola inclusión das persoas con discapacidade. Nesta liña, recordou que a Consellería de Política Social e Igualdade colabora estreitamente con esta entidade a través de diferentes convenios de colaboración, así como diferentes achegas para programas con cargo ao 0,7% do IRPF, co fin de que a discapacidade, sexa do tipo que sexa, debe atenderse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva.
Pola súa banda, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, agradeceu aos participantes e organizadores o esforzo realizado en aras dunha extraordinaria oportunidade para que estes deportistas galegos con discapacidade desenvolvan as súas aptitudes físicas e demostren que son capaces de competir e de ensinarnos, xa que, para a directora xeral, “o deporte é unha das ferramentas máis potentes que ten a sociedade para acadar a integración plena des persoas con discapacidade intelectual”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Special Olympics
En Special Olympics ofrecen adestramento deportivo e competición atlética durante todo o ano a persoas con discapacidade intelectual en diferentes modalidades deportivas, co obxectivo de que desenvolvan aptitudes físicas, demostren valor, participen nun intercambio de dons, destrezas e compañeirismo coas súas familias, atletas Special Olympics e a sociedade en xeral. Teñen o convencemento que as persoas con discapacidade intelectual poden aprender, gozar e beneficiarse da participación en deportes individuais e de equipo.









