San Amaro prepárase para a V Edición da Festa do Viño que terá lugar o vindeiro sábado 12 de decembro de 2026

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de San Amaro celebrará a quinta edición da súa xa tradicional Festa do Viño Novo. O evento terá lugar o vindeiro sábado 12 de decembro de 2026 no Campo da Feira de San Amaro, cunha xornada que comezará a partir das 17:30 horas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A principal actividade da xornada será unha gran degustación de viños novos da colleita, que contará coa participación de ata oito adegas da contorna. Os caldos que se poderán probar son os das seguintes marcas:

  • Anllo
  • San Fiz
  • A Sainza
  • Xinzo / Eiras
  • Sabariz
  • O Cruceiro
  • A Ermida
  • Andrade

Este evento está organizado polo Concello de San Amaro, que baixo o lema “Promovendo os nosos pobos”, busca dinamizar a vida local, apoiar aos produtores da zona e ofrecer unha tarde de convivencia e enoturismo para veciños e visitantes.

Unha cita ineludible para os amantes do bo viño e da cultura vinícola da comarca.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------