Boborás celebra un multitudinario e doce Magosto no Pavillón Municipal

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado sábado, 14 de novembro, o Pavillón Municipal de Boborás encheuse de ambiente outonal para celebrar unha nova edición do tradicional Magosto, un evento gratuíto organizado polo Concello para todos os veciños e veciñas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada festiva deu comezo a partir das 19:30 horas, cunha gran acollida por parte do público local, que non quixo perder a oportunidade de reunirse ao redor do lume e compartir unha tarde-noite de convivencia.

Como manda a tradición, as grandes protagonistas da xornada foron as castañas asadas, que se repartiron en abundancia. O menú completouse cunha gran variedade de petiscos e doces que fixeron as delicias dos asistentes: empanadas, choripán, bicas e, para combater o frío da noite, un reconfortante chocolate quente.

Equipo organizador ca alcaldesa Patricia Torres

O evento contou cun marcado carácter familiar. Mentres os máis pequenos desfrutaban das colchonetas instaladas para a ocasión, o público adulto puido gozar dunha animada actuación musical que amenizou toda a velada.

Desde a organización, integrada pola área de Arte e Natureza do Concello de Boborás, fixeron un balance moi positivo da celebración, destacando a alta participación e o excelente ambiente que se respirou durante toda a festa, consolidando o Magosto como unha das citas imprescindibles no calendario de outono do municipio.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------