Alumnado do IES Nº1 fan as probas de certificación en linguas estranxeiras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta convoca as probas de certificación en linguas estranxeiras para o alumnado que cursa 4º de ESO, Bacharelato e FP en centros públicos de Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os estudantes teñen a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira, totalmente de balde para as familias

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades financia con 100€ a cada un dos alumnos que sexan seleccionados polos centros para presentarse ás probas

A Xunta de Galicia vén de convocar as probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2022-23 estea matriculado en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria, na etapa de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

A Consellería habilita unha partida de 450.000€ para o financiamento destas probas, cunha contía de 100€ por proba e alumno que se lle outorgará a cada centro e que abranguerá a realización das probas das destrezas orais e escritas e a certificación correspondente.A través da proba, que é totalmente e balde para alumnos e familias, os estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). Cada alumno poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira. Cómpre lembrar que o B1 equivale a un nivel intermedio, e é o que requiren moitas universidades para poder titular.

O alumnado de 2º bacharelato do IES Nº1 que quiso acolleuse a esta oportunidade fixeron as probas de inglés entre os días 14 e 15 de decembro