A Insua dos Poetas celebrará o sábado día 11 un entroido infantil e xuvenil

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dado o éxito acadado no 2022, a Fundación Insua dos Poetas xa está organizando o Entroido deste 2023, que terá lugar o sábado 11 de febreiro, a partir das 16 hs, no predio cultural de A Esgueva, Madarnás, O Carballiño.As actividades programadas inclúen un concurso infantil e xuvenil de disfraces de todo tipo, individuais ou colectivos, primando o interese polas manifestacións populares.

O sur de Ourense foi dende sempre un territorio de forte arraigo do carnaval que, nos últimos anos, está rescatando peculiares personaxes e manifestacións tradicionais que se interromperon coa guerra civil e a dictadura.A cultura popular é unha fonte de creatividade inesgotable. Por iso, tamén estarán presentes as figuras propias da Insua; os xograres e as danzadeiras.Haberá tamén xogos tradicionais e ao remate, está previsto compartir unha merenda típica de carnaval.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Insua dos Poetas intenta que nenos, nenas e rapaces e rapazas sexan os protagonistas dunha xornada de festa na que se conxugue a tradición coa modernidade.Concretamente, nas terras do Carballiño era frecuente a figura do serralleiro que percorría as aldeas facendo trasnadas e animando á xente a bailar e desfrutar do entroido. Este personaxe quedou reflexado en varias cantigas como ” Ten mau masa, mentres o serralleiro pasa”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------