O Partido Galego presenta unha iniciativa no Parlamento Galego sobre o uso do galego no Parlamento Español

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Galicia Rexorde. Debemos deixar atrás o período de apoucamento idiomático e abrazar con orgullo a nosa lingua.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Traballaremos para pasar da confrontación lingüística á colaboración e valoración das linguas.

O 23 de xuño de 2022, debateuse unha proposta para o uso das linguas oficiais no Congreso dos deputados, esta proposta de modificación do Regulamento da Cámara foi rexeitada polos partidos reducionistas. Dende o Partido Galego consideramos esa posición un erro total, pois algo similar vense aplicando no Senado dende o ano 2011.

Recoñecemos que a proposta de Sumar reavivou o debate sobre o uso das linguas cooficiais do Estado, para que estas poidan ser usadas no Congreso. Creemos que esta é, cando menos unha excelente oportunidade para facernos valer e avanzar na normalización, concedéndolle carácter legal ao que xa é un aspecto natural.

Apostamos por que o Congreso siga os exemplos do Parlamento Europeo onde se falan 24 linguas con total normalidade. Queremos sinalar ademais que algúns partidos que se opoñen a norma de respecto e uso das linguas cooficiais na Cámara Baixa, non o fan ao uso das linguas cooficiais no Parlamento Europeo; esta incoherencia só se pode explicar por unha rivalidade cos diferentes pobos do Estado, ou por falta de reflexión e conciencia do respecto que todos nos merecemos.

No Partido Galego facemos público a necesaria implicación da defensa do idioma sexa abandeirada sempre pola Xunta de Galicia, facemos por tanto un chamamento á defensa da nosa lingua por parte de todos os parlamentarios escollidos dende Galicia e que desenvolven a súa actividade política no Parlamento Español, e neste caso debería haber unha posición común previa no Parlamento Galego para regular o uso da nosa lingua no Congreso dos Deputados.

É por este motivo polo que vimos de rexistrar unha iniciativa na que instamos aos tres partidos con representación no Parlamento Galego, a que adopten un acordo común, instando ao novo goberno do Estado a que no prazo dun ano faga efectiva a modificación do Regulamento da cámara parlamentaria so estilo do xa feito no 2011 no Senado.


INICIATIVA

Xesús Ares Gómez como Coordinador Xeral do Partido Galego

EXPÓN:

O 23 de xuño de 2022, debateuse unha proposta para o uso das linguas oficiais no Congreso dos deputados, esta proposta de modificación do Regulamento da Cámara foi rexeitada por unha parte do Parlamento.

Dende o ano 2011, está aprobado unha proposta similar na Cámara alta do Senado.

A propia Constitución española do ano 78, protexe con toda claridade no artigo 3, as diferentes linguas oficiais do Estado.

En consonancia con esta protección, ao longo dos anos, fóronse articulando normas destinadas ao seu mellor regulamento e respecto para o seu uso.

Unha proba máis disto é o Real Decreto 905/2007, de 6 de xullo, polo que se crea o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais (BOE 19.7.2007) como órgano colexiado adscrito á Secretaria de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Administración Públicas

Debemos apostar por que o Congreso siga os exemplos do Parlamento Europeo onde se falan 24 linguas con total normalidade.

Os avances tecnolóxicos en materia de tradución e comunicación simultánea, facilitan a intervención en diferentes linguas, tanto en Parlamentos como en foros de diferentes órganos internacionais.

É por iso polo que como veciño de Santiago e como Secretario Xeral do partido político PARTIDO GALEGO,

SOLICITO:

·        Que a Mesa do Parlamento, tralade esta petición aos Deputados para que aquel que o considere leve esta iniciativa a debate ó Parlamento de Galicia, ÁS PETICIÓNS CONCRETAS SON:
  1. En base ao Estatuto de Autonomía, ao acordo acadado na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e as diferentes normativas posteriores, elaborar unha proposta de consenso para o uso do idioma galego en todas as institucións e instancias a nivel mundial, que así o permitan as súas leices ou regulamentos internos.
2.     En base ao acordo anterior, trasladar ao Parlamento do Estado unha iniciativa encamiñada a modificar o Regulamento da Cámara baixa, para que permita a intervención na mesma das diferentes linguas oficiais do Estado.