A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo presenta o seu cartel do I Serán de Outono

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo presenta o seu cartel do I Serán de Outono. Un evento de música e baile tradicional que terá lugar o próximo sábado 21 de outubro na carballeira de O Campo, O Irixo. 

As actividades comezarán ás 19:00 h cun obradoiro de baile tradicional gratuíto, seguido dos concertos dos grupos invitados que se iniciarán ás 20:00 h. Contarán coa participación de “Gaitas e Danzas Airiños de Arnoia”, “Xunquereteiras”, “Tokaide”, “Terras do Arenteiro”, “Pandereteiras de Zobra”, “Ala, Pepes”, “Pandereteiras de Rebulir”, “Flor de Toxo” e “Banda de Gaitas e Danzas O Irixo”. Ao remate, poderase participar nunha foliada libre.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O evento contará con carpas en caso de choiva, venta de bocadillos quentes, chocolate e bebidas que se poderán mercar no bar, así como numerosos sorteos que se realizarán ao longo da noite. As rifas xa están á venta e pódense adquirir físicamente ou nas redes sociais da Banda de Gaitas e Danzas O Irixo, ata o propio día do evento.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------