Fago saber que conforme ao disposto no artigo 28 da ordenanza municipal reguladora da Instalación De Terrazas Na Vía Pública Anexas A Establecementos De Hostalería Do Concello Do Carballiño establécese tanto para renovación coma para primeira autorización,
*Primeiro. Que o prazo de presentación para a súa solicitude para o ano 2024 na denominda tempada anual será dende o 01 ao 20 de decembro de 2023.
*Segundo. O período de ocupación na tempada anual é dende o 01 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024.
*Terceiro. Os modelos de solicitudes poderán recollerse:
– no Departamento de Servizos Públicos
– no Rexistro xeral do Concello
– descargarse na web do concello (portal de transparencia /
normativa / ordenanzas e regulamentos)
ou ben, tramitarse electrónicamente a través da sede electrónica do Concello do Carballiño dentro do apartado “información xeral”, actualmente en “tramites destacados”.
*PRODEDEMENTO: – código SIA: 2893999 – Nome do Trámite: “solicitude de renovación de licenza para a instalación de terrazas”
– código SIA: 2893998 – Nome do Trámite: “solicitude de licenza para a instalación de terrazas”.
*Cuarto. A documentación a achegar xunto coa solicitude será a recollida no artigo 27 da citada ordenanza.
*Quinto. Presentaranse no Rexistro xeral do Concello e demais formas previstas na lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.