Ernesta Seoane será a vindeira concelleira do BNG en Celanova

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Celanova, 5 de de decembro de 2023. Ernesta Seoane comparecía ante os medios de comunicación xunto a Antonio Valado, alcalde de Verea; Leopoldo Rodríguez, ex-concelleiro do BNG en Celanova e Bernardo Varela, Voceiro do Grupo Provincial do BNG para dar conta do seu paso a concelleira e voceira do grupo municipal do BNG no concello de Celanova. 

 Seoane, que será a primeira voceira municipal do BNG en Celanova e que  asume o cargo tras a dimisión de Leopoldo Rodríguez, manifestou a ilusión polo reto que se lle presenta a fronte do traballo do BNG na institución e co “firme desexo de realizar unha oposición construtiva, baseada sempre no contacto permanente coa veciñanza de Celanova.”

 A nova voceira nacionalista no concello de Celanova sinalaba brevemente os eixos de traballo que guiarán ao BNG nesta nova etapa tanto no na institución como fora dela, coa firme convición de  que “Celanova merece máis”.

Entre  as prioridades políticas do BNG nesta nova etapa atopase a recuperación do espazo urbano e rural, entre os que destacou a necesidade dun novo PXOM así como continuar traballando pola rehabilitación do casco histórico e rural do concello; as políticas de mocidade, entre as que destacou a promoción dunha casa de xuventude autoxestionada pola mocidade; a promoción de políticas encamiñadas a promover o comercio local e de “quilómetro cero” e facendo especial fincapé no apoio á praza de abastos e a praza do Millo; e remataba indicando a importancia estratéxica que ten para o BNG na súa acción social e institucional a posta en valor do rico patrimonio histórico, natural e cultural de Celanova . 

Ernesta remataba manifestando que “o reto e a proposta que  temos diante é ambiciosa pero é o traballo que nos impomos para rehabilitar o legado e construír unha nova paisaxe que reinxira a Celanova na historia deste País”

Pola súa banda Valado agradeceu o servizo e traballo de Leopoldo Rodríguez e amosaba todo o seu apoio á nova concelleira do BNG. Leopoldo agradecía o apoio da organización durante todos estes anos e igualmente amosaba todo o seu apoio á nova voceira do grupo municipal do BNG de Celanova