O concello de Boborás abriu hoxe, 1 de xullo, as portas da súa piscina municipal, un novo servizo para a cidadanía do que poderán desfrutar este primeiro mes de xeito gratuíto ata completar o aforo, con reservas a través da páxina web. O arquitecto deste proxecto explicou a distribución destas instalacións, que conta cunhas instalacións amplas que aproveitan todo o espazo. A Xunta de Galicia, representada polo delegado territorial, asistiu hoxe para comprobar o resultado deste proxecto, ao igual que a Deputación, dúas das administracións que fixeron posible este proxecto.

Esta piscina conta con dous vasos, un para adultos e outro para nenos, con amplo terreo de descanso, vestiarios e unha cafetería.

Para o concello, hoxe é un día de festa, ao poder ofrecer un servizo tan demandado pola veciñanza nos últimos anos grazas á colaboración entre administracións.