As celebracións de San Roque en Cortiñas chegan ao seu fin despois de tres días de festexos que comezaron o pasado mércores 14 de agosto, cunha nova edición da Festa da Codorniz.
A localidade de Cortiñas, en Castrelo de Miño, leva celebrando dende o mércores 14 de agosto as súas celebracións de San Roque, ao mesmo tempo que trouxo unha nova edición da súa tradicional Festa da Codorniz. O evento gastronómico ten a súa orixe dende fai 20 anos, consolidándose como punto de encontro entre veciños e visitantes da localidade. Ao longo destes tres días de celebración, os asistentes puideron degustar racións de codorniz acompañadas con empanada, aínda que tamén se ofreceu pulpo como alternativa ao menú.
A celebración prolóngase ata o venres 16 de agosto, cunha programación que comeza pola mañá, co pasacalles a cargo do grupo de música tradicional Feitizo de Pau, seguido da misa solemne e da procesión polo río ás 12.00 do mediodía, co acompañamento musical do xa mencionado grupo. Ás 20.00 horas terá lugar a última degustación de codornices e empanada, antes de que a festa peche coa verbena nocturna animada polo grupo musical GLOSS. Desta forma, Cortiñas conclúe tres días de festexos.