Espazo Común critica a tardanza do Concello para que cheguen as familias as axudas para libros de texto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

COMEZA UN NOVO CURSO ESCOLAR E AS AXUDAS DO CONCELLO DO CARBALLIÑO PARA LIBROS DE TEXTO SEGUEN SEN CHEGAR AS FAMILIAS

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A inoperancia do goberno PP-PSOE queda en evidencia vendo o resultado do seu acordo do ano pasado. Só foron adxudicados 4.500 € de 45.000 € comprometidos.

                                                                         O Carballiño,  22 de agosto de 2024.

Dende Espazo Común levamos tempo reclamando que o Concello do Carballiño mellore sustancialmente no capítulo de axudas para libros de texto e material escolar coma un incentivo máis para a captación e fixación de poboación.

Son moreas os concellos grandes e pequenos que facilitan ás familias un importante apoio á hora da educación dos seus fillos en cuestións coma a conciliación ou o apoio económico para os multiples gastos que teñen que afrontar nestas datas.

Sen embargo, o goberno do Carballiño segue facendo o que mellor sabe facer. Vender titulares e fotos e non facer nada para axudar ao cidadán.

Hai un ano, o agora socio PP apoiaba, contra toda lóxica, a suba de soldos de Fumega e  os seus concelleiros a cambio de, entre outras cousas, que se aumentara a partida de axudas para material escolar nos orzamentos a 60.000 €.

Uns meses despois vendeuse na prensa que esta suba ía ir só ata os 50.000 e para non defraudar, finalmente a modificación foise ata os 45.000 €. O rigor nas cifras é unha broma para esta xente.

Pero a tomadura de pelo acada tintes astronómicos cando vemos como se desenvolveu a xestión destas axudas e deste orzamento.

Os beneficiarios foron recoñecidos en abril do 2024¡ Co curso xa case remtado. E o que é moito peor, deses 45.000 € que nos venderon e que propiciaron o apoio do PP á suba de soldos dos seus colegas do PSOE, só se adxudicaron 4.500 €. Un 10 %. O resto pasou a formar parte dese aforro que despois vende Fumega e que dilapida en asfaltados deficientes.

É tempo de dicir BASTA¡ a este tipo de prácticas de engano masivo.

O Grupo Municipal de Espazo Común faise eco da demanda de gran parte da veciñanza e exixe ao goberno do PP-PSOE que anuncien xa as bases para este curso e que dean tódalas facilidades posibles ás familias do Carballiño para poder contar con ese tan necesario apoio nestas datas.