O Club Aehde organiza o Campionato Galego de Roller Cros e a Copa Deputación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------


O vindeiro domingo, en xornada de mañá e tarde no pavillón anexo Paco Chao, celébrase o Campionato galego de roller cros e a Copa Deputación da mesma modalidade ca participación de patinadores e patinadoras e todo Galicia. Pola mañá terán lugar as rondas clasificatorias e a primeira hora da tarde as finais das diferentes categorías. A entrega de medallas está prevista para as seis da tarde. O evento conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense a través do seu programa de fomento dos deportes vía copas deputacións.
O roller cros é unha modalidade que se fai con patíns en liña onde os participantes teñen que combinar velocidade e destreza, xa que o percorrido está cheo de diferentes obstáculos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------