O alcalde de Ribadavia, César Fernández, e a concelleira de Xuventude, Yolanda Gómez, recibiron aos mozos e mozas chegados dende 5 países europeos que participan no programa de intercambio “Deseñando o teu futuro”, que ten como obxectivo aumentar a participación da xuventude nos procesos democráticos e concienciar sobre a importancia da cidadanía activa. No acto, acollido no salón de plenos do Concello de Ribadavia, os participantes recibiron o diploma acreditativo do programa e, ademais, mantiveron unha conversa co alcalde e a concelleira, aos que lles trasladaron as súas impresión sobre Ribadavia, da que destacaron a súa arquitectura, casco histórico e a hospitalidade da súa xente.
Ademais, os mozos e mozas tamén lle trasladaron aos dos responsable municipais que votarán por Ribadavia para o Concurso “Juntos Brillamos Más”, de Ferrero Rocher, no que participa esta localidade, que pretende gañar para converterse na vila máis bonita e navideña de España.Así mesmo, o alcalde, César Fernández, agradeceulles as achegas e ter visitado Ribadavia, a onde sempre serán benvidos.