Expourense acolle este sábado o “I Meeting Internacional de Atletismo de Ourense”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O “I Meeting Internacional de Atletismo de Ourense” foi presentado na mañá de hoxe en Expourense, nun acto que contou coa asistencia de Rogelio Martínez, director xerente de Expourense; Manuel Pérez, director provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Anibal Pereira, concelleiro de Deportes de Ourense; César Fernández, vicepresidente 2º da Deputación Provincial, e Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo. Na presentación fóronse amosando os distintos aspectos desta cita deportiva, que reunirá en Expourense, este vindeiro sábado, 18 de xaneiro, a un importante elenco de atletas de nivel mundial procedentes de 16 paises, o que contribuirá de xeito moi importante a pór o nome da cidade no calendario internacional atlético.

COMERCIAL ORCELLÓN

Malia que o recinto cuberto xa dera acollida a eventos internacionais, a organización deste primeiro meeting supón a posta en escea da nosa comunidade no que a disputa de eventos atléticos internacionais indoor se refire, cubrindo unha importante demanda e colocando o nivel organizativo do atletismo galego na esfera mundial. Este meeting está incluido no ‘Indoor Tour 2025’ da World Atletics para este 2025, xunto a cidades tan importantes como Praga, Dortmund, Luxemburgo, New York, Nantes ou París, por citar algunhas das máis relevantes.

Do mesmo xeito, dende a Federación quérese aproveitar a ocasión para converter esta cita nunha gran ocasión para que tamén estén presentes as categorías de base do atletismo galego, organizándose previamente, ao comezo do meeting, un programa de probas para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14, xunto ás cales tamén están programadas probas inclusivas.

E coa finalidade de achegar a todos os amantes do atletismo o acceso a este evento, a entrada será de balde. O horario arrincará ás 16,00 horas coas probas de promoción, para dar paso a partir das das 18,35 horas ás distintas competicións que compoñen este cartel mundial.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------