O convento de San Francisco de Ribadavia acollerá dende o vindeiro mércores a novena a San Antonio de Padua

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vindeiro mércores, 4 de xuñoo, iniciarase a novena a San Antonio de Padua, considerado coma o santo más querido pola veciñanza de Ribadavia, cun programa que terá lugar na igrexa de San Antonio, no convento de San Francisco da vila. Os actos litúrxicos contemplan durante os días da semana unha santa misa ás 20,00 horas, que será adiantada ás 11,00 horas na xornada do domingo día 8 de xuño.

E xa o venres 13 de xuño, data da festividade do San Antonio, oficiarase unha misa ás 10,00 horas e, pola tarde, unha solemne ás 20,00 horas, cantada polo Coro de Cámara do Club Artístico. Neste acto de celebración terá lugar a tradicional ofrenda floral dos nenos e a bendición do ‘Pan de San Antonio’. Unha vez rematada a misa solemne, dende a mesma igrexa sairá a procesión co santo para percorrer as rúas máis céntricas de Ribadavia, co acompañamento musical da Banda de Música A Lira.

A devoción ao San Antonio de Padua na capital do Ribeiro débese á importante presenza que tivo a Orde Franciscana en Ribadavia dende o século XVI, xa que os frades foron os encargados de cultivar entre as veciñas e veciños a devoción ao santo italiano. San Antonio é o patrón dos obxectos perdidos, das persoas que buscan parella e, tamén, dos cativos e os xoves. O Papa León XIII definíuno coma “o santo de todo o mundo”.


PUBLICIDADE