O parque infantil de Brués, en Boborás, foi obxecto de actos vandálicos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Unha das áreas de lecer do municipio de Boborás foi obxecto de actos vandálicos nestes últimos días, concretamente, o parque de xogos infantís ubicado na localidade de Brués. Varios elementos dos columpios alí instalados foron arrancados, dando a impresión de que a madeira fose roída por algún tipo de besta.

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, subliñou que “é unha pena que haxa ‘xabaríns humanos’ (e aínda son fina definíndoos) que se adiquen a destruir o que é de todos”. Engadíu que “iste é un dos moitos parques que temos no concello de Boborás, renovado e cambiado de sitio á petición dos veciños, e agora quedará precintado”.

COMERCIAL ORCELLÓN

Torres lamentou estes desagradables feitos, xa que a reparación dos danos resultantes terán que ser sufragada por toda a veciñanza de Boborás.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------