Espazo Común demanda a elaboración dun código ético para o Concello do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común vén de presentar unha moción para o seu debate por parte da Corporación do Carballiño, na que demanda a elaboración dun código ético e de conduta para o Concello que sexa consensuado por tódolos grupos políticos. Esta proposta está motivada pola actitude amosada polo grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación, que, según Espazo Común, “esixía ao presidente desta institución, Luis Menor, o cumprimento do Código Ético e de Conduta que uns e outros (o deputado provincial Diego Fernández incluído) se saltan unha e outra vez no Carballiño”.

Neste sentido, as concelleiras e concelleiros de Espazo Común subliñan que “chama poderosamente a atención que entre os demandantes de dita medida se ache o voceiro do Grupo Municipal Socialista do Carballiño é á súa vez deputado provincial, Diego Fernández“. Ao respecto, consideran que Fernández, “a 25 quiómetros de distancia, defende un pacto co Partido Popular que di ter asinado ignorando calquer principio ético e mesmo vulnerando o mandato do seu propio partido“.

Ao mesmo tempo, Espazo Común asegura a existencia de “moitos outros comportamentos reprobables ou mesmo ilegais do goberno en UTE conformado polos da rosa e os da gueivota“. Entre eles, salientan que “ignoran por completo as súas obrigas no tocante á transparencia; desdeñan propostas da oposición e da cidadanía con actitude prepotente; fan un uso arbitrario e opaco dos recursos públicos ou ignoran a existencia do resto da oposición na convocatoria dos actos institucionais“.