O presidente provincial participou xunto con alcaldes da provincia na concentración fronte ao Congreso dos Deputados: “denunciamos a situación auténticamente alarmante que vivimos os concellos e as deputacións de toda España”
Ourense, 18 de xuño de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe en Madrid na concentración de alcaldes e presidentes de entidades locais convocada pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) para esixir solucións á “asfixia financieira local”. De feito, explicou que “estamos aquí para dennciar a situación auténticamente alarmante que vivimos os concellos e as deputacións de toda España”.
Luis Menor, xunto a outros alcaldes de Ourense e de toda España, sumouse á reivindicación da FEMP fronte ao Congreso dos Deputados. A FEMP convocou a concentración fronte á “falta de respostas” por parte do Executivo ante as necesidades do municipalismo en materia de financiación local.
Entre as esixencias que trasladan ao Executivo dende a FEMP figuran a aprobación urxente dun Real Decreto-lei que permita a suficiencia e a estabilidade financieira dos concellos, única vía para salvar a situación actual ante a falta de Orzamentos Xerais do Estado.
A FEMP tamén pide a actualización das entregas a conta para 2025 e o abono das liquidacións de 2023, “algo que se nos debe aos concellos e deputacións”, recalcou Menor.
A posibilidade de destinar o superávit municipal a inversións financieiramente sostibles, co fin de revitalizar a economía local, é outra das reivindicacións principais, tal e como explicou o presidente provincial en Madrid, concluíndo que “todo iso é o que nos está afogando e por iso estamos aquí”.