A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación “Sarxento Moreiras”, vén de desarticular unha organización criminal formada por nove persoas (5 detidos e 4 imputados). O pasado día 17 foron detidos en Xinzo de Limia unha veciña de 48 anos de idade, e dous veciños de 54 e 22 anos; en Ourense unha veciña de 35 anos de idade e en Arteixo un veciño de 28 anos de idade, como presuntos autores de un delito de pertenza a organización criminal, tres delitos de roubo con forza ( un deles con violencia e intimidación), ocorridos os días: 5 setembro, nun domicilio de Xinzo de Limia onde se apoderaron de 30.000 euros en efectivo; 22 de setembro, nun garaxe no interior dunha vivenda de Xinzo de Limia; 24 de outubro, nun domicilio de Xinzo de Limia, onde tras maniatar ao propietario da vivenda apoderáronse de 300 euros.
Ademais, aos detidos tamén se lle imputan tres presuntos delitos de roubo con forza ocorridos en estancos de Castrelo de Miño (27 de agosto), Celanova (27 de setembro) e Froufe (27 de decembro), nos que se apoderaron de tabaco por valor de 100.000 euros. Tamén, tres delitos de roubo con forza en establecementos comerciais de Luintra e Ribadavia, cometidos en novembro de 2024 e xaneiro de 2025), onde se apoderaron da recadación das caixas rexistradoras. Finalmente, tamén están considerados como presuntos autores dun delito de estafa e doutro de tenencia ilícita de armas.
Así mesmo, continuando coa explotación da operación durante o día de onte, a Unidade Orgánica de Policía Xudicial tomou declaración en calidade de investigados a catro persoas (dous internos do Centro Penal de Pereiro de Aguiar, un interno do Cento Penal de Monterroso como presuntos autores de pertenza a organización criminal , revelación de segredos e varios delitos de roubo con forza) e a un veciño de 40 anos de idade de Vilar de Barrio como presunto autor dun delito de receptación tras comprar varios cartóns de tabaco a propósito que foran substraídos nun estanco de Baños de Molgas.
A operación iníciase en setembro de 2024 tras ter coñecemento do roubo con intimidación en Xinzo de Limia, iniciadas as primeiras investigacións obsérvase que podería ser cometido por varias persoas con roles preestablecidos, uns obterían información da vítima, outros organizarían e outros levarían a cabo o feito delituoso.
O Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia encárgase das dilixencias.