
A ‘III Xuntanza de Coches Clásicos do Irixo’, organizada pola Asociación Clásicos Irixo, vén de acadar cifras de récord en participación e pecha o prazo de inscrición con 15 días de antelación debido á altísima demanda.
Con todas as prazas cubertas, o evento reunirá o vindeiro sábado 28 de xuño un total de 150 vehículos clásicos e máis de 250 persoas, superando amplamente as expectativas da organización. A resposta por parte dos afeccionados e participantes foi tan numerosa que, por motivos de seguridade e boa organización, foi necesario pechar as inscricións antes do previsto.
A xuntanza contará con dúas rutas polos concellos do Irixo e Boborás, permitindo aos participantes e ao público gozar dos espectaculares paisaxes do interior de Ourense e da beleza do patrimonio rodante que representa cada vehículo inscrito.
Desde a Asociación Clásicos Irixo queren agradecer o apoio de todas as persoas participantes, entidades colaboradoras e administracións, e destacan que este éxito reafirma a consolidación da xuntanza como un dos eventos de referencia no calendario galego para os amantes do motor clásico.