Ribadavia celebra a reivindicación da diversidade e dos dereitos LGTBIQ+

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia conmemora o Día Internacional do Orgullo cunha programación festiva e reivindicativa este venres 28 de xuño, como colofón á celebración do mes da diversidade. A partir das 18:,30 horas, a Fonte da Prata transformarase nun espazo de liberdade, visibilidade e celebración colectiva, cunha completa proposta artística para todos os públicos.

COMERCIAL ORCELLÓN

A xornada comezará cun espectáculo drag protagonizado por dúas artistas referenciais: Endis Neer, creadora que explora o xénero e a identidade desde o humor e a performance musical, e Carmina de Bríes, vedette contemporánea que recupera a tradición do teatro de variedades desde unha mirada transgresora e transfeminista.

A música en directo chegará ás 20,30 horas coa actuación de Antela, un dos proxectos máis prometedores do panorama indie galego. A banda viguesa, formada por antigos membros de Dois e Tulip, presentará os temas do seu novo EP Mosaico Novo, unha delicada fusión de dream-pop con ecos caribeños e saudade atlántica.

Xa pola noite, a partir das 22,30 horas e ata pasada a medianoite, a festa continuará cunha sesión de música a cargo de Señora DJ, referente das pistas de baile da nova escena galega e estatal. A súa mestura de disco, pop, techno e música en galego garante unha noite de celebración, baile e diversidade sen límites. A entrada será libre e non será precisa inscrición previa. En caso de choiva, todas as actividades trasladaranse á Praza de Abastos.

Con esta programación, o Concello de Ribadavia e a través do traballo conxunto coa súa Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX), reafirma o seu compromiso cos dereitos do colectivo LGTBIQ+, apostando por unha vila máis igualitaria, respectuosa e orgullosa da súa diversidade.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------