O Irixo vivíu este sábado a súa festa do motor coa ‘III Xuntanza de Coches Clásicos’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

https://www.facebook.com/share/v/1By2mpbDaH

A ‘III Xuntanza de Coches Clásicos do Irixo’, celebrada este pasado sábado baixo a organización da Asociación Clásicos Irixo, acadou cifras de récord coa participación dun total de 150 vehículos, un feito que motivou o peche da inscrición con 15 días de antelación á data prevista.

COMERCIAL ORCELLÓN

Con todas as prazas cubertas, o evento reuníu a máis de 250 persoas, procedentes de diferentes puntos da provincia e do resto de Galicia, superando amplamente as expectativas dos organizadores, cunha exitosa resposta por parte dos afeccionados e público en xeral que se achegou, dende primeiras horas do sábado, ata o parque pechado ubicado na Praza Manuel Penedo do Irixo.

E alí puideron verse auténticas xoias rodantes dos anos 70, 80 e 90 do pasado século, coma o Toyota Celica do carballiñés José Luis Mosquera ou os presentados polo club de Castro Caldelas.

Os participantes dispuxeron de dúas rutas por terras dos municipios do Irixo e de Boborás, de xeito que tanto eles coma os espectadores tiveron a oportunidade de desfrutar das espectaculares paisaxes que posúe a comarca carballiñoesa no interior de Ourense, para logo rematar nun xantar de confraternidade na carballeira da Pena da Sela.

Desde a Asociación Clásicos Irixo queren agradecer o apoio de todas as persoas participantes, entidades colaboradoras e administracións, e destacan que este éxito reafirma a consolidación da xuntanza como un dos eventos de referencia no calendario galego para os amantes do motor clásico.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------