‘As Perlas’ de Vinagres do Ribeiro obtén o premio Galicia Alimentación na categoría de produto innovador

A empresa Vinagres do Ribeiro vén de gañar o premio Galicia Alimentación na categoría de Producto Innovador polas súas ‘Perlas’ de vinagre Albarro, na gala organizada por Clusaga o pasado 26 de xuño. O socio e administrador da entridade, Juan Francisco Díaz Arnau, recolle o galardón de mans da xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez Gil.

“Sempre é un orgullo que te recoñezan na terra, aínda que sexa dispois de cinco anos recibindo premios no concurso internacional Vinavín de Córdoba” manifesta Xoan Pablo Lorenzo, creador do proxecto de elaboración de vinagres de acetificación artesanal. “As Perlas xa levan un ano no mercado, e para min é unha mágoa que nolas teñan que elaborar fóra de Galicia. O mesmo nos pasa cun escabeche de perdiz, que elaboran con noso vinagre en Astudillo (Palencia), ou cunha marmelada de vinagre que está en fase de experimentación. Confío en que en poucos meses poidamos presentar uns mexilóns premium con oso vinagre, en colaboración cunha empresa galega”.

No mes de maio, Vinagres do Ribeiro asisteu á Cumbre Internacional de Gastronomía celebrada en Salamanca. Mostraron interés polos seus vinagres cociñeiros da talla de Oriol Castro, do restaurante Disfrutar de Barcelona (mellor restaurante do mundo en 2024, según a lista The World’s 50 Best Restaurants), ou Nacho Manzano de Casa Marcial ( Asturias). Moi receptivo a coñecer tamén os nosos vinagres Mitsuharu Tsumura do restaurante Maido de Lima (mellor restaurante do mundo en 2025, según a devandita lista). Tamén outros cociñeiros como Paco Morales de Noor (Córdoba); Shinobu Namae, de Efervescence (Tokio), e a eslovena Ana Ros do restaurante Hisa Franko (mellor restaurante do mundo en 2017, según a lista ‘The World’s 50’. Asimesmo, a maioría dos estrelas Michelín de Castela-León presentes: Víctor Martín, de Trigo; Sara Ferreres, de Taller Arzuaga; Marc Segarra, de Refectorio; Miguel Angel de la Cruz, de La Botica de Matapozuelos; Víctor Gutierrez, de Restaurante Víctor Gutierrez; Pedro Mario, de El Ermitaño, ou Carlos Casillas, de Barro.

I Congreso Profesional del Vinagre

Por outra banda, os días 9 e 10 de Xuño, participaron no I Congreso Profesional del Vinagre organizado por Vinavin. No mesmo, desenvolvéronse interesantes mesas redondas, salientando “Tendencias actuales en el estudio del vinagre”, “La rueda aromática”, “ Cómo poner de moda el vinagre” ademais da presentación do libro “El escabeche”  por unha das autoras, Diana Díaz, do restaurante El Invernadero Rodrigo de Lacalle. Tamén se levou a cabo unha cata profesional de vinagres; un taller de coctelería creativa, dirixido por Mara de Miguel, e un ‘showcooking’ de elaboracións con vinagre con varios dos mellores cociñeiros de Córdoba.

Neste congreso, destacou a explicación de Periko Ortega da “maldición bíblica” que pesa sobre os vinagres, xa que o soldado romano que lle deu a beber a Cristo cando estaba na cruz, deulle a bebida que tiñan para sí os soldados, o ‘posca’,  a base de vinagre, auga e mel. Periko recibe ós seus clientes en Rekomiendo cunha copa metálica moi fría cunha recreación da bebida romana, que él chama “posca cordobesa”.

Xoán Pablo Lorenza apunta que, “como conclusión do congreso, temos que reivindicar a historia do vinagre, recuperar a Apicius e Columela, para por en valor os vinagres de calidade”, e avanza que, “pola miña parte, estou preparando un pequeño estudo, para demostrar que os peregrinos na cabaza levaban vinagre”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------