Foto: Susana Baños
O pasado domingo tivo lugar e por sorpresa, unha merecida e emotiva homenaxe ó sacerdote D. Ramón Veloso Bello na igrexa parroquial de San Antonio de Feás, no seu 50 aniversario da chegada a esta freguesía. Contou coa presencia do Sr. Obispo da diocese de Ourense Leonardo Lemos, que oficiou a misa xunto ao homenaxeado e os sacerdotes Didier Vidal e Carlos Arce, tamén estiveron presentes as autoridades municipais formadas pola alcaldesa Patricia Torres e a concelleira Rosi Pérez. Cunha igrexa chea de fieis e amigos de D. Ramón que non quixeron perderse este acontecemento xa histórico.
Este sacerdote, natural do concello de Cenlle, naceu no ano 1943, fillo de José e Amalia, foi ordenado diácono en 1967 e presbítero ó ano seguinte, sendo as primeiras parroquias nas que sería administrador Santa María de Pexeiros, Santa María de Guntín e Santa Cruz de Prado. No ano 1975 foi nomeado párroco de San Antonio de Feás, e lembraba no seu primeiro sermón neses anos que “ a diferencia das parroquias das que veño, aquí hai coches. De todos os xeitos teñen á súa disposición o meu para o que lle faga falta”. Está no seu recordo un Feás onde “eran case mil veciños, e nos anos oitenta grazas ó impulso da emigración había cinco bares, catro bancos, dúas carnicerías e dúas panaderías, nada que ver co actual descenso de poboación, onde quedan 250 veciños e unha panadería”. tamén é desde ese ano administrador de Santa Mariña de Moreiras, San Silvestre de Cardelle e desde o 2004 da parroquia de San Pedro do Regueiro.
Recibeu palabras de gratitude por esta adicación á parroquia así como obsequios por parte do concello e dos propios conveciños, descubrindo unha placa conmemorativa que quedará na igrexa para sempre.
No mesmo acto, José Ramón Cerdeira, como coordinador da revista O Foxo, proxecto que recolle a historia viva, pasada e presente, agradecelle ó cura nun emotivo discurso todo o feito por esta parroquia, e así o quixo deixar inmortalizado nas páxinas desta publicación adicada ó sacerdote. Revista que conta con abundante información fotográfica aportada polos veciños e artigos sobre a propia historia da parroquia, contanto coa colaboración do Archiveiro diocesano Miguel Ángel González García, así coma dos investigadores do Centro de Estudios Chamoso Lamas; o historiador Xosé Luis Sobrado, nacido no propio Feás, Juanjo Álvarez e Jorge Lamas entre outros colaboradores. Unha publicación, editada pola Comisión de Festas de Feás e que sae á luz grazas a colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Boborás.
Don Ramón, visiblemente emocionado recibíu o agrimoso aplauso de todos, e neste día soamente foi capaz de acercase ó púlpito e darlle as grazas ós presentes. Acompañou a misa a actuación musical do Orfeón do Carballiño, dirixido magnificamente por Christian Casas.
Artigo publicado por J José A G