A localidade de San Cristovo de Cea acolle mañá a segunda edición da ‘Ruta das Estacións’, unha aposta dos hsotaleiros pola promoción gastronómica, comercial e turística do municipio panadeiro. Serán cinco os locais acollidos a esta iniciativa: A Casa dos Caretas, Sol y Luna, Bar Plaza, Bar Paxariño e Kanela Drink.
A cita terá lugar ás 19,00 horas e prolongarase ata as 21,30 horas, e os clientes, ao pedir unha consumición, terán a oportunidade de degustar, polo módico prezo de 1,5 euros, dun petisco vencellado a esta época de verán.
A primeira edición deste evento foi o pasado 22 de febreiro, coincidindo co inverno, e rsultou todo un éxito. Nesa ocasión, nos locais de hostalería ofrecéranse petiscos de lacón con grelos; arepitas con revolto de zorza; tosta de cecina con aceite e allo; orella de porco á galega e croquetóns de cocido.