A Xunta destinará 180.000 euros a financiar o gasto no control das augas dos concellos afectados polos lumes

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe que a Xunta destinará 180.000 euros para financiar o gasto que fagan os concellos afectados polos lumes nas analíticas de control das augas. O titular da carteira sanitaria da Xunta, xunto co xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Santiago Camba, asinou un convenio de colaboración co alcaldeo de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, para renovar a fontanería do centro de saúde, coa finalidade de asegurar unha subministración de auga axeitada, evitando posibles avarías ou fugas.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As obras desta reforma suporán un investimento por parte da Xunta de preto de 14.000 euros, co obxectivo de substituír de xeito completo a rede de tubaxes da planta baixa. Ademais, instalarase un sistema de retorno da auga quente sanitaria e do termóstato, co que se mellorará a eficiencia enerxética e se garantirá un maior confort para os usuarios e traballadores deste centro sanitario.

O conselleiro sinalou que na crise dos lumes, a Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, se puxo a disposición dos concellos para garantir a seguridade e a calidade das augas. A tal fin, deseñou un plan de actuacións extraordinarias nas augas de consumo, combinando medidas de autocontrol nos municipios con tarefas extraordinarias a cargo dos inspectores de saúde pública, intensificando a súa actividade nas zonas afectadas.

O conselleiro detallou que o obxectivo desta medida é reforzar o seguimento que xa se fai de xeito habitual para garantir que a auga sexa segura, tanto a curto como a medio prazo, logo da vaga de lumes que afectou especialmente á provincia de Ourense. Ademais do asesoramento técnico, o conselleiro subliñou que a Xunta tamén decidiu asumir o custo das analíticas necesarias para verificar a calidade das augas nos concellos afectados polos lumes, mediante a sinatura de convenios de colaboración por importe de 180.000 euros. Gómez Caamaño detallou que os profesionais do Servizo Galego de Saúde  atenderon entre o 11 e o 26 de agosto máis de 200 casos relacionados con incidencias provocadas polos lumes.

Para facer fronte ao aumento da demanda e asegurar os servizos sanitarios, o conselleiro dixo que foron necesarios grandes esforzos, polo que aproveitou as súas verbas para recoñecer publicamente o traballo exemplar realizado polos profesionais da sanidade pública, desde o 061 e ata o persoal dos centros sanitarios e dos hospitais, que responderon con total entrega. Tamén destacou na súa intervención o enorme valor da rede de atención primaria galega, con máis de 450 centros de saúde, polo menos un en cada concello, que permite asegurar a atención sanitaria ao conxunto da poboación e chegar a todos os municipios do rural.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------