As obras de humanización da aldea de Santa Ana en  Sandiás avanzan a bo ritmo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As obras de humanización da aldea de Santa Ana no Concello de Sandiás son froito dun convenio de colaboración institucional entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras e o Concello de Sandiás.  A Consellería financia o 70% do proxecto de humanización e o Concello de Sandiás o 30% restante, dun presuposto total de ao redor de 290.000 euros.

As obras deron comenzo no mes de Agosto de 2025 e consisten na demolición e movementos de terras, intervencións na rede de baixa tensión, rede de telecomunicacións, rede de pluviais, rede de alumbrado público e pavimentos con diversos tipos de acabados. Tamén se intervén nos accesos a Santa Ana con limpeza de márxenes, reapertura de cunetas, limpeza de caños e firme con rego bicapa. A empresa adxudicataria por un valor de 252.100 Euros que está a levar a cabo as obras é EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS. SL.  

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do mantemento e renovación de infraestruturas básicas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------