Xuntos polo Irixo fai un chamamento á responsabilidade ante a situación política actual do Concello

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Comunicado de Xuntos polo Irixo:

Ante as recentes declaracións polémicas feitas polo voceiro do partido popular de o Irixo, Manuel Cerdeira Lorenzo e posterior desmentido da alcaldesa Rosa María Dalama Lorenzo, a agrupación Xuntos polo Irixo quere manifestar públicamente a súa total desvinculación de ditas controversias.

Desde a nosa formación mantivemos sempre unha liña de traballo baseada no respecto, na transparencia e no compromiso co benestar das veciñas e veciños de o Irixo. non participamos nin compartimos actuacións, decisións ou declaracións que contribuan a xerar crispación e desconfianza entre os veciños.

O noso obxectivo segue a ser o mesmo desde o primeiro día: traballar por un Irixo máis próspero, participativo e unido.

Xuntos polo Irixo fai un chamamento á responsabilidade e ao sentido común de todas as persoas que exercen representación pública.

Seguiremos defendendo os nosos principios con firmeza e serenidade, porque o Irixo merece altura de miras e solucións.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------